Triloxía do Bosque
Tres pezas que desenvolveremos entre os anos 2023 e 2027
en coprodución con tres compañías portuguesas. Un xeito de afondar na relación cultural e lingüística co país veciño.
O bosque é o escenario frecuente onde a miúdo acontecen os feitos das historias narradas nos contos marabillosos. Se puidésemos analizar calquera antoloxía destas historias, observariamos que «bosque» é unha das palabras que máis se repiten. Por iso, Berrobambán quere iniciar unha triloxía sobre «O bosque» na que afondar nas diferentes funcións e simbolismos deste elemento.
Partes
Somos os Monstros
O bosque como lugar de refuxio.
Texto merecedor do Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2018.
Dentes de Coello
O bosque como lugar de perigo
O país veciño
Desenvolveremos esta triloxía en colaboración con tres compañías portuguesas. Con elas, queremos fomentar o coñecemento e a posta en valor das vantaxes que resultan de compartir co país veciño unha lingua e unha cultura de orixe común. Este proxecto pretende ser o inicio dun novo xeito de relacionarnos co mercado portugués. Así abrimos
a capacidade e a difusión, non só da nosa propia compañía, senón tamén doutras empresas culturais, sexan escénicas ou editoriais.