facer memoria 1

Facer Memoria

Facer Memoria é un proxecto escénico e vivencial no que diluímos os límites entre o escenario e o patio de butacas. Brindámoslle voz ao público para contar no teatro as súas lembranzas.

ORELLA podcasts

Podcast

Un podcast de historias contadas en primeira persoa.

b635ef7ccf7bd5622f3f9eaba6ec051f XXL

T01

Facendo Memoria

Neste primeiro episodio de presentación, Paula Carballeira introduce algunhas cuestións arredor da expresión que lle dá título ao proxecto.

Proxecto

Este proxecto pretende promover o valor cultural e simbólico da transmisión oral e, a súa vez, fomentar a recuperación de lugares propicios para o intercambio de experiencias, saberes e historias ligadas ao territorio.

Deste xeito, Facer Memoria quere recoñecer o traballo realizado por persoas e asociacións de base, promovendo a súa continuidade e animándoas a xerar os seus propios contidos nos que reflectir o patrimonio inmaterial do lugar.

Edicións

A primeira edición de Facer Memoria tivo lugar no ano 2021 cun carácter exclusivamente presencial. Na segunda edición incluímos a creación dunha serie de podcast nos que recollemos as historias que se compartiron durante os encontros. O obxectivo do proxecto é realizar un total de catro edicións presenciais, é dicir, uns 14 episodios da serie podcast, que ofrezan unha panorámica ampla sobre os cambios, as costumes, os modos de vida e a tradición oral de todo o país.

Equipo

En Berrobambán dedicámonos ás artes escénicas, pero para un proxecto coma este consideramos imprescindible contar coa participación de persoas que proceden de ámbitos diferentes aos puramente teatrais. En Facer Memoria, cambiamos a escenografía pola historia e a iluminación pola edición de son e vídeo.