En setembro do 2018 a compañía cumpriu 18 anos de existencia. Alá foron dezaseis espectáculos do máis variado, tanto polo tipo de público como pola composición do elenco, desde os cinco actores e tres músicos que participaban en "Boas Noites" ata o monólogo de "A carreta pantasma". Con eles estivemos en programacións de Galicia, España, Portugal, Corea, Colombia e Canadá.
Polo medio, organizamos o Asteroide B-612, a primeira programación familiar estable en Galicia, sen a cal nin a compañía nin o teatro infantil galego serían hoxe o que son. O CDG encargounos “A Cabana de Baibaiga”, a adaptación dun conto popular ruso coa ambientación musical de grandes compositores clásicos.
Coincidindo coa súa maioría de idade a compañía iniciou un xiro no seu modelo de creación, apostando por novos elencos, a atención a outro tipo de linguaxes e públicos e coa ollada posta na internacionalización.
Paula carballeira
Especialmente coñecida como contadora de contos en circuitos nacionais e internacionais e como actriz en series como «Pepe o Inglés» ou «Libro de familia».