Mulleres que viven soas
As mulleres que viven soas sempre foron sospeitosas. Sospeitosas de amargura, de escuridade, de intencións ocultas. As mulleres que viven soas son bruxas.
Podcast
Dez cápsulas sonoras que recollen experiencias de mulleres diversas en xeración e percorrido vital comparte.
Cápsula 1
Isaura. – Un cuarto propio
A experiencia de quen vive soa dende hai arredor de trinta anos. Entrevistas e edición: Xiana Arias Gravación e montaxe: Berio Molina Música: ’56E1′ de @c (alg-label, compilatorio #2)
Proxecto
No ano 2019, Paula Carballeira realizou unha sesión especial para o Maratón de Cuentos de Guadalajara baixo o título de Mulleres que viven soas. No ano 2023, Berrobambán decidiu ir máis aló e facer medrar este proxecto cunha serie de podcast para recoller entrevistas a mulleres que vivisen soas. Agora proponos un novo espectáculo teatral, #MQVS, no que plasmar estas dúas experiencias e que estrearemos en outono do 2024.
Equipo
#MQVS é espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.