13 AVISOS VIDEO 1

13 avisos

13 avisos é un libro publicado por Edicións Xerais en galego e Diegopun editores en castellano. Pero en realidade, ese libro nace dun obradoiro sobre historias de medo que Paula Carballeira imparte en centros de ensino como o I.E.E Cacheiras ou o C.E.I.P. Trabenco de Leganés. Agora, completamos a oferta didáctica ofrecendo dous novos talleres sobre a ilustración das historias de medo e a narración radiofónica de contos de medo.