Hai quen escolle os camiños máis longos
O bosque como labirinto atopámolo en todos aqueles contos que expresan de xeito simbólico un rito de iniciación ou de pasaxe para renacer noutro plano da existencia.
«Nesta historia hai tres mulleres: unha nena, unha raíña que foi nena
e unha bruxa que foi nena e que foi raíña. Tamén hai un lobo, e un
bosque. Ten que haber un bosque no que buscar refuxio cando foxes
da fame, de calquera tipo de fame, ou do perigo. Cómpre lembralo. Se
non hai bosque, non hai camiños nos que perdernos e atoparnos
despois. Cada unha desas tres mulleres escolle un camiño e vaise
cruzando coas outras, tamén co lobo, e co lume, pero elas son fortes,
saben arriscar, xogan co tempo ás agachadas e gañan, sempre
gañan.»
Proxecto
Este proxecto está baseado no libro de poemas de Paula Carballeira “Hai quen escolle o camiño máis longo”. O conxunto de poemas de Carballeira son unha reclamación do dereito das persoas para ir á procura do seu propio camiño. A autora escolle personaxes femininos de contos tradicionais e ofrécelles unha voz, a súa propia voz, lonxe dos estereotipos cos que foron construídos, ademais de achegalos a unha visión contemporánea.
Vídeopoemas
Como forma de achegarte ao universo do libro, encargámoslles a catro vídeoartistas as súas particulares visións doutros tantos poemas.
Equipo
A primeira colaboración coa que inciamos a triloxía é Ponto de Fuga, nome que tomaron Bárbara Soares e Joana Saraiva, actrices coas que xa tiñamos traballados en diferentes producións da compañía Baal17. Na escenografía e vestiario partipa tamén a artista portuguesa Inês Reis.