DSC04670 scaled

Somos os monstros

O bosque non está exclusivamente relacionado co perigo, tamén pode ser refuxio ante as ameazas, un lugar no que agocharse e permanecer oculto.

Un bosque queimado, casas en ruínas. Dous irmáns, unha nena e un neno,
saen xogar cando comeza a escurecer, no luscofusco.

Como ocorre nos mellores contos, pérdense e faise de noite.
Aí, nas sombras, onde non podes velo todo, viven os monstros.

E sabes unha cousa? Por moitas luces que acendas,
sempre hai sombras.

Proxecto

Baseado nun texto homónimo de Paula Carballeira — Premio Nacional de Literatura Dramática de 2023 — gañador do X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil de Galicia, Somos os monstros é un espectáculo teatral inclusivo e accesible, dirixido a maiores de 12 anos.

Multimedia

Equipo

Despois de Hai quen escolle os camiños máis longos, Somos os monstros é o segundo capítulo da Triloxía do Bosque, un proxecto de Berrobambán arredor do bosque e das súas diferentes funcións e simbolismo nas narracións tradicionais.

Nesta ocasión coproducimos coa compañía Terra Amarela, referente en Portugal na inclusión escénica, con Comedias do Minho e o Centro Dramático Galego. Este proxecto conta co apoio do programa Iberescena.