1

O Transgredir das ondas

Nesta peza, a xornalista Xoana Barreiro recolle diferentes testemuñas para reconstruir a faceta máis transgresora, insubmisa e desobediente de Begoña Caamaño, a do sorriso calmo, a da voz nas ondas, a da escrita e a protesta necesaria.

Begoña Caamaño, alén de escritora, foi unha muller comprometida coas diferentes loitas contra a inxustiza. Se a invocamos no teatro, ten que facerse presente, coma un ruido que interfire cando está en desacordo co que se di dela ou coma unha luz pantasma en escena.

 

O transgredir das ondas, é unha peza na que conflúen o teatro documental, o teatro radiofónico e o xogo dramático baixo a forma de comedia de pantasmas, coa que reivindicar a condición de xornalista radiofónica de Begoña Caamaño.

Proxecto

O transgredir das ondas está protagonizada por Xoana Barreiro, unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora.

Multimedia

Equipo

Chiqui Pereira dirixe a Rocío González nun espazo deseñado por Beatriz de Vega.