Bicharada

Un equipo de bichos de excepción que xirou por toda Galicia alcanzando máis de 10000 espectadores.

Unha araña e unha formiga viven tranquilas na paz do seu recuncho. Até que un día aparece un animal misterioso… un escaravello!

Se cada espectáculo dunha compañía é unha porta que se abre no momento único e irrepetible da representación, a novena porta de Berrobambán garda un mundo que nos sorprende e nos engancha desde que a luz ilumina o escenario.

Desde a primeira luz o público -nenas e nenos, grandes e pequenos- entra no mundo de «Bicharada» descubrindo e gozando deste fantástico traballo. A escenografía, o vestiario, a iluminación… todo vai encamiñado a entrar e sentir esta historia tan máxica como simple, tan sincera como divertida, tan imaxinaria como real.

  • Interpretación

    Paula Carballeira
    Chiqui Pereira
    Anabell Gago

  • Voz en off
    Patricia de Lorenzo
  • Dirección

    Evaristo Calvo

  • Música
    Manolo Panforreteiro
  • Iluminación
    Fidel Vázquez
  • Escenografía
    Pablo ‘Pastor’
  • Vestiario
    Cloti Vaello
  • Deseño Gráfico
    Hidalgo # Bértolo