A miña histora do teatro galego

A miña historia do teatro galego é un podcast no que Chiqui Pereira ofrece un percorrido persoal e algo irrevenrente polos últimos 40 anos do teatro galego. Este proxecto conta coa apoio do Ministerio de Cultura e financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.

ORELLA podcasts

Podcast

Un podcast sobre as historias agochadas detrás das táboas.

AMH PODCAST cd

EP0

Presentación

Pírula de presentación do proxecto conducido por Chiqui Pereira.

Proxecto

Abordamos a narrativa histórica a partir de momentos significativos, persoas, actuacións, etc., para estimular as lembranzas dos participantes e así reconstruír a nosa crónica. Non queremos desafiar a narrativa existente sobre a historia recente do noso teatro; simplemente pretendemos ampliala, incluíndo outras realidades, persoas, proxectos e narrativas. Non buscamos a obxectividade; queremos que a subxectividade das persoas que a viviron cree a nosa historia. Por iso falamos da “miña historia”.

Seccións

Ademais da narración principal, o podcast conta coas seccións “Mulleres á escena!”, “O premio improbable” e “O meu espectáculo”. Un dos obxectivos destas seccións é ampliar a participación no proxecto para incluír unha parte significativa da escena das artes escénicas de Galicia. Esta estratexia garante que “A miña historia…” sexa un proxecto inclusivo que recoñeza o éxito colectivo no desenvolvemento da escena das artes escénicas de Galicia nos últimos anos.

Multimedia

Equipo

Co obxectivo de garantir a precisión e a diversidade de opinións e perspectivas sobre os distintos temas, reunimos un equipo estable cos que comparar, consultar e ampliar os nosos coñecementos sobre todos os aspectos que desexamos abordar ao longo da serie. De xeito similar aos consellos editoriais que se atopan habitualmente nas revistas, este comité será o responsable de suxerir as persoas máis axeitadas para as entrevistas, así como de orientar o enfoque e o contido desas entrevistas.