UBASUTE 8

Senicidio

Aínda que abandonar a unha persoa vella nos poda parecer unha práctica anacrónica ou propia de culturas ignotas, pode detectarse tamén no noso contexto máis inmediato. Sen ir máis lonxe, a morte en soidade das nosas maiores durante a pandemia provocada pola covid-19 devólvenos un claro exemplo e non illado de abandono masivo de persoas anciás.

En abril de 2023, a petición de persoasfamiliares e  afectadas, constituíuse a denominada Comisión pola Verdade nas Residencias de Madrid ante a falta de vontade das autoridades políticas e xudiciais para coñecer que sucedeu coas persoas confinadas en xeriátricos nas primeiras semanas da crise sanitaria. Feitos como este senicidio encuberto trae a primeiro plano a urxente revisión dos coidados, das prioridades e da necesidade de abandonar un sistema que cada vez se volve máis inhumano con todo aquel elemento que non resulte produtivo.

Xenocidio

Un estado de abandono é tamén o que desde hai meses practica a comunidade internacional ante o desamparo da poboación palestina no xenocidio en directo que se executa na franxa de Gaza. Desde hai meses, os masacres e as ofensivas diarias contra a poboación civil desenmascara as forzas imperantes e a impotencia dunhas institucións que só poden desviar a mirada ante a vergoña e a indignidade.

As polémicas medidas destinadas a controlar a migración ilegal tomadas nos últimos meses entre as que se inclúen desde as
devolucións en quente en Reino Unido; os acordos migratorios como o asinado entre Italia e Albania para a reclusión en centros de Tirana das persoas recollidas en augas internacionais; ou as mortes aínda por aclarar en fronteiras como a de Marrocos e Melilla son parte dun abandono que, sen nomear, aborda indirectamente Ubasute.

Poesía

Non existe un lugar no mundo onde fuxir da poesía, e a poesía trae de volta os recordos.

En desenvolvemento

Porximamente

En desenvolvemento

Proximamente

En desenvolvemento

Proximamente