SoniaGarcia Somos os monstros 22

Proceso

En Somos os monstros partimos de varias certezas:

Somos os monstros permite que diferentes identidades estean presentes no escenario contándose, expresándose.


Somos os monstros é un espazo de encontro colectivo con poder de cuestionamiento e transformación


Somos os monstros é unha proposta chea de posibilidades creativas, capaz de propor retos artísticos apaixonantes.

O proceso de creación divídese en dúas fases:

A primeira etapa de investigación e selección de materiais textuais e visuais desenvolveuse na residencia Artistea en Ponteareas e rematou cunha primeira presentación pública.

A segunda rolda de ensaios tivo lugar no Salón Teatro de Compostela onde tivo lugar a estrea definitiva do espectáculo.

Accesibilidade

A mellor maneira para construír unha narrativa chea de potencia ética e estética, capaz de reflectir a nosa diversidade de identidades e a pluralidade de mundos existentes, é a través da accesibilidade, é dicir, creando unha proposta accesible e inclusiva. Por iso, o noso elenco é diverso: diversidade de corpos, identidades e idiomas. En escéna fálase galego, portugues, LSE e LGP.

Paula Carballeira, a autora, elaborará un texto con punto de vista para a audiodescrición. Unha voz en off poética que contará o que acontece en escena e que fará accesible o que sucede para as persoas con discapacidade visual.

Ademais de contar con dous intérpretes xordos empregaremos sobretítulos adaptados, coa transcrición dos diálogos, a identificación de personaxes mediante cores, información de sons e entoación dos diálogos.

Tamén poñeremos ao dispor do público con discapacidade visual a posibilidade de facer visitas táctiles ou touch tours previos á función para que poidan tocar os elementos da obra de teatro, recibir unha audiodescrición complementaria do vestiario e a utilería, percorrer a escenografía e interactuar cos e cas intérpretes.

Actividades

Como complemento do espectáculo propoñemos un programa formativo arredor da accesibilidade e a inclusividade.

“Conversas soltas” 
– Encontros con alumnos e profesores do ensino secundario –

A diversidade artística e a accesibilidade cultural non son só principios abstractos: son prácticas que se constrúen en contacto directo coas persoas, nos contextos onde a cultura se aprende, se cuestiona e se transforma. Nese sentido, propóñense dúas accións de sensibilización distintas, pero complementarias: unha dirixida á mocidade e outra ao profesorado, co obxectivo de crear unha conciencia crítica e activa sobre quen participa, quen crea e quen aínda permanece á marxe dos procesos culturais. En conxunto, estas dúas accións constrúen unha abordaxe integrada: por un lado, traballan directamente cos mozos en tanto que futuros públicos e creadores; por outro, implican aos profesores como mediadores fundamentais na construción de contextos educativos máis accesibles e conscientes. Ambas as dúas comparten a convicción de que a diversidade non é un tema periférico, senón un eixo central para repensar o papel da arte na sociedade contemporánea.

A. Encontros con alumnos

Número de participantes por grupo: 20 alumnos
Duración de cada encontro: 40 minutos
Franxa de idade: 14 a 18 anos
Temática: Diversidade artística, accesibilidade cultural, identidades e participación.
Preguntas: Quen está e quen non está presente nas dinámicas culturais e artísticas? Por que? A quen vexo e a quen non vexo nos escenarios?

Tipo de dinámica: Expositiva e práctica.

B. Encontros con Profesores

Número de participantes por grupo: Indiferente
Duración de cada encontro: 40 minutos
Temática: Metodoloxías participativas. Implicación comunitaria na creación das dinámicas culturais e artísticas dos territorios.
Preguntas: Cales son as premisas para desenvolver unha dinámica cultural e artística participativa e accesible? Que narrativas constrúen a Historia dos lugares?
Tipo de dinámica: Expositiva