No ano 2019, Paula Carballeira realizou unha sesión especial para o Maratón de Cuentos de Guadalajara, pois o tema dese ano eran as bruxas. A narradora galega intentou fuxir dos tópicos, consciente de que, en realidade, as mulleres que viven soas sempre foron sospeitosas. Sospeitosas de amargura, de escuridade, de intencións ocultas.
Aquel espectáculo xirou por diversos festivais e, en moitas ocasións, acontecía que mulleres do público se achegaban a Carballeira para contarlle as súas experiencias vivindo soas.
Por iso, no ano 2023, Berrobambán decidiu producir unha serie de dez cápsulas sonoras con entrevistas a dez mulleres que viven soas e recoller diversas experiencias en canto a xeración e percorrido vital. Hai quen leva máis de trinta anos vivindo soa e hai quen leva pouco tempo. Hai quen o tivo sempre moi claro e hai a quen lle custou tomar esa decisión.
Agora propomos un novo espectáculo teatral no que plasmar estas dúas experiencias e que estrearemos en outono do 2024. Unha peza na que historias de ficción se mesturan coas testemuñas reais das mulleres que participaron nas entrevistas.
Un xeito de trazar unha liña que una o medo atávico ás mulleres independentes e as dificultades que estas senten no transcurso do seu camiño.
#MQVS está protagonizada por tres mulleres, as Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas.
Como complemento a cada sesión do espectáculo propoñemos un programa de actividades paralelas.
En desenvolvemento
Porximamente
En desenvolvemento
Proximamente
En desenvolvemento
Proximamente
Recoñecida actriz, narradora e dramaturga. Como actriz participou en varias series da TVG e colabora como dramaturga con compañías como Chévere, A Panadaría ou Culturactiva. Vén de ser recoñecida co Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 pola súa peza “As Alumnas”
Educadora e antropóloga,ás veces conta historias. Sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música como a través da propia palabra. Como contadora, trata de dar continuidade á nosa herdanza cultural e lingüística para que sigan aflorando nas xeracións vindeiras.
Leva participado nun feixe de proxectos fóra e dentro do país. Destaca Daboapipa, co acordeonista Santi Prieto. Pouco despois chega Historias de vida, guerra, amor e case morte, Lavandeiras, Rilo&Penadique, Divas de diván, ou Apatacón con Faia Díaz, vocalista de De Vacas.
Web Financiada por
Co apoio de