O bosque como labirinto atopámolo en todos aqueles contos que expresan de xeito simbólico un rito de iniciación ou de pasaxe, é dicir, naqueles que a protagonista morre (aínda que sexa en sentido figurado) para renacer noutro plano da existencia. Esta ligazón entre bosque e rito é unha das claves para a elaboración da posta en escena.
O proceso de creación divídese en dúas fases:
• A primeira etapa de investigación e selección de
materiais textuais e visuais desenvolveuse no mes
de agosto nunha residencia no Concello de Teo e
rematou cunha primeira presentación pública.
• A segunda rolda de ensaios terá lugar na cidade de
Lisboa en xuño do 2023 e culminará coa estrea do
espectáculo definitivo.
Podemos atopala no uso das máscaras, nos ritmos da música ou na cadencia dos poemas, en Hai quen escolle os camiños máis longos” o ancestral é a pata principal sobre a que se sustenta a posta en escena, tanto estética como interpretativamente.
Algunhas das claves coas que xogamos para achegarnos ao ritual foron:
• A importancia do contido simbólico dos
elementos de significación escénica.
• A relevancia da expresión física como motor
interpretativo.
• A música e o ritmo como compoñentes
cerimoniais.
• A eliminación de calquera elemento accesorio.
Como complemento a cada sesión do espectáculo propoñemos un programa de actividades paralelas.
En desenvolvemento
Porximamente
En desenvolvemento
Proximamente
En desenvolvemento
Proximamente
Financian
Web Financiada por
Co apoio de