O medo sempre avisa antes de chegar: unha bocanada de aire frío, un calafrío pola espiña dorsal, un corazón que latexa con forza no peito. Algo que non vemos, pero sabemos que está aí. Algo que sentimos ou percibimos. Estas historias son para escoitar pola noite, se te atreves.
O podcast segue a estrutura do libro orixinal, incluíndo microcontos de medo, un aviso e un conto de medo. Pero ademais conta coas seccións da entrevista e as Historias do Ataude.
O medo é inherente aos seres humanos, unha resposta a situacións que poñen en perigo a vida ou unha explicación para moitas cousas que ocorren e que non podemos comprender. Neste podcast escollemos 13 historias arrepiantes que abarcan unha serie de situacións vinculadas ao sobrenatural, crenzas antigas e medos irracionais.
Os 13 contos do libro non son os 13 contos do podcast. Paula Carballeira creou seis novas historias exclusivas que só podes escoitar.
En cada episodio podes atopar unha conversa con persoas relacionadas coa literatura de misterio: ilustradoras, editoras, escritoras, narradoras, …
Algunhas das persoas coas que falamos para achegarnos ao mundo do medo e o misterio foron:
Lecidica Costas
Quico Cadaval
Yoshi Hioki
Almudena Francés
Xaime Lis
Emma Pedreira
Marta Sanz
Ernesto Abad
Davide Abatti
Erica Couto-Ferreira
Iria Fafián
Lemos algúns dos microcontos cos que as rapazas e rapaces do CEIP Trabanco de Leganés agasallaron a Paula Carballeira. Nesta sección abrimos o ataúde que contén os pequenos pergameos coas creacións do alumnado.
En desenvolvemento
Porximamente
En desenvolvemento
Proximamente
En desenvolvemento
Proximamente
Web Financiada por
Co apoio de