Sabedes que significa escoitar tres golpes na parede, especialmente nas noites de inverno, cando a néboa nos envolve? É un aviso de que algo extraordinario vai acontecer, algo relacionado co misterio e co medo que lles temos aos feitos que non podemos explicar. Contaremos un par de historias arredor deste aviso, abriremos o ataúde de […]
…Atopástesvos algunha vez nunha rúa sen saída? Tivestes a sensación de que algo ou alguén está detrás, agardando pacientemente a que vos deades a volta? Neste episodio contaremos unha lenda urbana asociada a esas rúas ou calellas sen saída que hai en todas as cidades, abriremos o ataúde de cartón dos microrrelatos e entrevistaremos a […]
…Non podedes evitar soñar, nin ter pesadelos. Polo xeral, tranquilizámonos ao espertar, pero, que acontecería se os pesadelos irrompen tamén na nosa vida á luz do día? Diso falaremos neste episodio, no que tamén leremos algún microrrelato e entrevistaremos a Fran Alonso, autor do libro “A curva da pantasma” e responsable de Edicións Xerais de […]
…Obxectos malditos son aqueles que atraen ou gardan ánimas en pena, espíritos con sede de vinganza, desgrazas sen razón aparente. Neste episodio falaremos da ouija, ese taboleiro que nos permite comunicarnos co Alén, e entrevistaremos a Chus Rodríguez, profesora no IES de Cacheiras, onde cada curso Paula Carballeira imparte un obradoiro sobre como contar contos […]
…Hai unha casa abandonada sempre preto, chea de misterios e segredos, e non podemos evitar querer entrar nela, pícanos tanto a curiosidade que esquecemos os riscos. Neste episodio contaremos algunhas historias de casas abandonadas, e tamén descubriremos un microrrelato do noso pequeno ataúde de cartón, e entrevistaremos a Juan Lago, profesor e asesor de Educación, […]
…A noite é o momento do misterioso, onde se manifestan as diferentes formas do descoñecido. Podemos interferir coa nosa presenza, tan insistente, se sabemos como confrontar o que nos atopemos. Parece que ninguén lava xa nos lavadoiros dos ríos. Parece. Atrevédevos a descubir os nosos relatos e a escoitar a entrevista co recoñecido escritor Carlos […]
…As lendas urbanas están nos límites de realidade. Dámos por feito que aconteceron, cremos as testemuñas que nolas contas ou a quen llelas contaron. Unha das máis coñecidas é a da rapaza que se aparece cando a invocas diante dun espello, e é que os espellos sempre nos desacougan. Ademais, neste capítulo entrevistamos a Emma […]
…O medo e a tolemia están tan preto que ás veces os confundimos. Temos pánico a ver o que ninguén ve, a que nos acose unha imaxe estraña e ameazante, que vive porque nós a alimentamos. Diso trataremos neste episodio, e falaremos con Quico Cadaval, un extraordinario narrador, arredor dos medos e da súa sesión […]
…Que segredos se agochan entre a veciñanza? Quen son realmente as persoas coas que nos cruzamos cada día? Que sabemos delas? Pouco, moi pouco. Por iso temos tanta curiosidade. Neste episodio falaremos do que nos avisa o cheiro a flores murchas, leremos un pequeno relato do noso ataúde de cartón e entrevistaremos a Alicia…, unha […]
…Acosar para que ninguén nos acose. Se cadra fixemos iso algunha vez, e sentímonos culpables de covardía, de medo. O conto deste capítulo fala das terribles consecuencias e, ademais, leremos outro relato non menos inquietante na sección “Historias do ataúde” e entrevistaremos a Xaime Lis, da libraría Kómic, para saber un pouco máis do terror […]
…Unha árbore seca retorcendo as ramas cara ao chan ou cara ao ceo avísanos de que a morte non anda moi lonxe, quizais engruñada nas súas propias raíces. No relato de hoxe, esa árbore está no medio dunha urbanización, resistindo o paso do tempo. Ademais, descubriremos unha historia do noso ataúde de cartón e entrevistaremos […]
…
Web Financiada por
Co apoio de