EN ESCENA
Público Adulto
Instagram do proxecto
Ficha Artística
Intérpretes
Paula Carballeira
Texto e dramaturxia
Paula Carballeira
Dirección
Chiqui Pereira
Iluminación
Chiqui Pereira
Audiovisuais
José Jamardo
Deseño Gráfico
nadina grafica
Ax. Produción
Miguel Calvo
Produción
Chiqui Pereira
Estrea
2021
En Galicia contamos cunha tradición oral excepcionalmente viva. A través dela desenvólvense contos, lendas, sucedidos, lances reais de vidas reais que ao contalos se volven ficcións. Nesa tradición inmaterial, gardada na memoria dos nosos maiores, atopamos o que somos. Vai sendo hora de lembrarnos tamén deles e delas, de corresponder ao legado que nos deixan.
Os contos permiten que falemos de nós mediante as peripecias que lle acontecen a outra xente. E así, entre contos e conversas, intentaremos facer memoria, darémoslle a cada lembranza a importancia que merece. Tanto ten que sexan lembranzas de hai moitos anos, de hai uns poucos, de hai uns meses. Tanto ten que sexan lembranzas propias ou que llas tomemos prestadas a alguén.
Espectáculo entre o escénico e o experiencial, no que esvaemos os limites entre palco e patio de butacas, dando voz tamén ás lembranzas do público.
A primeira xira deste espectáculo desenvólvese nos concellos de:
Viveiro, do 9 ao 11 de novembro de 2021
Fene, do 17 ao 19 de novembro de 2021
O Barco de Valdeorras, do 1 ao 4 de decembro de 2021
A Estrada, do 9 ao 12 de decembro de 2021