Os Tilos, Teo. 2ª Edición
No ano 2021, Berrobambán presentou a primeira edición de Facer Memoria. A proposta consistía na realización de actividades exclusivamente presenciais. A medida que desenvolviamos esta primeira experiencia, vendo a boa resposta, tanto das persoas participantes como das asociacións colaboradoras, decidimos gravar algúns dos encontros mantidos, na procura dunha forma de pór en valor as lembranzas que nos contaban.
Despois de revisar e escoitar o material que recollemos, pensamos que, para ser o máis fieis posibles ao espírito do proxecto, debiamos conservar as voces, as palabras e os acentos das persoas que nos transmitiron as súas historias. De aí xurdiu a idea de crear unha serie de podcast que recollese, non só os momentos vividos, senón tamén as transformacións sociais que experimentamos nas últimas décadas.
1ª Edición
A primeira edición de Facer Memoria consistía na realización de actividades exclusivamente presenciais nos concellos de Viveiro, Fene, O Barco e A Estrada. Neses encontros contáronnos historias de todo tipo, desde contos como o de Julio Palleta, sucesos como a caida da Ponte de San Fernando ou o conflicto da veciñanza de Maniños co cura polo uso do cemiterio.
2ª Edición
Na segunda edición de Facer Memoria visitamos os concellos de Mañón, Teo, Outes e Carballo. Pechamos o círculo do proxecto incluíndo a creación e difusión de contidos dixitais: catro vídeos-resumo dos encontros e catro episodios da serie de podcast, cos que queremos poñer en valor as historias que nos contaron.

Un proxecto de Berrobambán
Escóitanos
Síguenos