Historia

Máis de vinte anos teimando.

Se manter en pé dúas décadas calquera empresa é un desafío, facelo cunha compañía artística aínda o é máis.

En dúas décadas pasaron moitas cousas e tamén moitas persoas. Xa fomos catro, e despois tres, sete e máis tarde catro outra vez, tres e finalmente dous. Malia todo, de cando en vez, tamén somos un e un.

Chiqui Pereira

Valores

Cuestionamos a realidade e compartimos as nosas inquedanzas co público, fomentando a participación da cidadanía para unha creación cultural baseada na igualdade e o respecto pola diferenza.

Creamos produtos culturais responsables e que inspiren responsabilidade co planeta e as diferentes especies que o habitamos.

Autoxestión de dereitos

Compromiso coa creación cultural

Compromiso coa transición ecolóxica

Provedores e comercio de proximidade

Diversidade e igualdade de dereitos

Sinerxías e asociacionismo

Marketing non intrusivo

Amizades