EN ESCENA
Público Adulto
Ficha Artística
Intérpretes
Paula Carballeira
Bárbara Soares
Joanna Saraiva
Texto e dramaturxia
Paula Carballeira
Dirección
Chiqui Pereira e
Paula Carballeira
Iluminación
Chiqui Pereira
Escenografía
Inês Correia
Deseño Gráfico
Nadina Grafica
Ax. Produción
Miguel Calvo
Produción
Chiqui Pereira
Bárbara Soares
Estrea
2023
No palco, catro camiños e tres actrices. Os camiños poden levarnos ao norte, ao sur, ao leste ou ao oeste, sempre ao bosque. As actrices teñen un pasado común, un pasado no que as persoas vivían ligadas á terra, un tempo antigo do que quedan retallos de lembranzas, pero que non se pode esquecer, porque forma parte de nós. E iso é o que elas perseguen, saber de onde veñen para poder escoller cara onde ir, que medo afrontar: o da vellez, o da fame, o da enfermidade ou o da morte. Nos contos tradicionais eses medos represéntanse a través de bruxas, lobos, feitizos ou maldicións e esconxúranse coa música das palabras, con ritos e danzas. Nos contos devólveselle o seu poder á poesía. Tamén no teatro recuperamos a memoria perdida, atrevémonos a ir ao máis profundo do bosque, onde agochamos o que nos define, o que nos fai profundamente semellantes aínda que falemos distintas linguas, a nosa orixe, con toda a súa complexidade e a súa beleza.
Hai quen escolle os camiños máis longos é unha coprodución entre a compañía galega Berrobambán coa portuguesa Ponto de Fuga. Con esta unión queremos conxugar a experiencia de máis de 20 anos coa puxanza dunha estrutura de nova creación.
O bosque é o escenario frecuente onde a miúdo acontecen os feitos das historias narradas nos contos marabillosos. Se puidésemos analizar calquera antoloxía destas historias, observariamos que “bosque” é unha das palabras que máis se repiten. Polo tanto, parécenos pertinente preguntarnos e investigar sobre a súa función e o seu simbolismo.
Por iso, Berrobambán inicia, con Hai quen escolle os camiños máis longos, unha triloxía sobre “Os bosques” na que afondar nas diferentes características deste elemento. Así, esta Triloxía do Bosque está composta por:
Hai quen escolle os camiños máis longos.
Dentes de coello.
—Texto galardoado co Premio de textos dramáticos Laudamuco, 2022.
Somos os monstros.
—Texto merecedor do Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2018