Buh!

Buh! é un espectáculo mudo para que o riso acabe cos nosos medos.

Quen non pasou unha noite de medo? A quen non lle gusta compartir o medo cos amigos e coas amigas, sentir as cóxegasno estómago, os arrepíos nas costas? O medo adoita ser máis poderoso ca nós, o medo gaña case sempre todas as batallas, vólvenos criaturas pequenas e indefensas.

Pero, que acontecería se ao medo lle puxésemos un nariz de pallaso?. Pode o medo rir de si mesmo?. Podémonos rir do medo?. Por suposto. Ademáis é moi probable que, cando riamos del, o medo se volva unha criatura pequena e indefensa. E todo por poñerlle un nariz de pallaso.