No ano 2021, Berrobambán presentou a primeira edición de Facer Memoria.
A proposta consistía na realización de actividades exclusivamente presenciais.
A medida que desenvolviamos esta primeira experiencia, vendo a boa resposta, tanto das persoas participantes como das asociacións colaboradoras, decidimos gravar algúns dos encontros mantidos, na procura dunha forma de pór en valor as lembranzas que nos contaban.
A primeira edición de Facer Memoria consistía na realización de actividades exclusivamente presenciais nos concellos de Viveiro, Fene, O Barco e A Estrada. Neses encontros contáronnos historias de todo tipo, desde contos como o de Julio Palleta, sucesos como a caida da Ponte de San Fernando ou o conflicto da veciñanza de Maniños co cura polo uso do cemiterio.
Financian
Colaboran
Web Financiada por
Co apoio de