É graduado en Dirección de escena pola Esad-Galicia e especialista en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tivo como profesores a Jacques Nichet ou a Thomas Leabhart.
No ano 2016 dirixe o seu primeiro proxecto internacional Tráfico, unha coprodución das compañías protuguesas Baal17 e Al Teatro ao que despois se sumarían Doppelgänger en Colombia ou EGO de novo en Portugal.
No sector audiovisual dirixiu seis curtametraxes paródicas sobre a política galega e foi director de dobraxe para o proxecto de animación en 3D Os sextos sentidos da Fundación Menela. Traballou como director artístico para a programación Circo-lar da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Actualmente está a realizar o Mestrado em Artes Cénicas da Universidade Nova Lisboa.
Web Financiada por
Co apoio de