A Carreta Pantasma
A Carreta Pantasma baséase nunha lenda popular sueca que deu orixe á novela «O carreteiro»de Selma Lagerlöf, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura e que o director de cinema Victor Sjöstrom levaría ás pantallas no ano 1921. Deste xeito, a narración oral, a narración escrita e o cinema conflúen no legado cultural dun país orgulloso da súa tradición. Se quixemos recuperar esta proposta é precisamente polasmesmas raíces ancestrais das que participamos e que son a clave para un futuro no que camiñemos da man do pasado que nos explica como pobo.
A Carreta Pantasma fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Non lembramos quen somos, de onde vimos, e, polo tanto, unha sensación de perda aniña en nós.
Un espectáculo singular que afonda límites entre a narración oral e o teatro. Un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra.