Factoría do Invisible
Factoría do Invisible é unha compañía de nova creación que pretende botar a andar con Cartografías. Aínda que todos os membros do equipo temos experiencia previa na escena galega, e cada un de nós ten a súa propia compañía, a coincidencia nas nosas inquedanzas artísticas e nas formas de facer teatro, espertou o noso interese por traballar xuntos.
Creamos esta compañía non só porque teñamos intereses comúns, aos que cada un pode aportar o seu gran de area desde os coñecementos propios da súa especialidade; senón tamén porque entendemos a importancia da colectividade para a creación artística.