En escena

Adeshoras

Berrobambán regresa ao territorio mudo, á linguaxe visual, ao humor sen palabras que lle valeu o recoñecemento internacional e faino, nesta ocasión, da man de dúas recoñecidas mulleres do teatro galego: Paula Carballeira e Nuria Sanz. Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?. Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira.…


Xurdefet

Calquera día é bo para unha festa, aínda que a túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te ensuxas, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta, por se… Unha muller, que foi nena hai algún tempo, volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa no que descubriu que os animais tiñan preocupacións moi semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, non querían que os insultasen, non querían aburrirse, non querían xogar sen compañía. Partimos do seu poema Jour de fête, para realizar…


Histórico