Ao meu lado sinto alguén que non son eu, pero que se me parece, como unha sombra ou un reflexo. Mírame, xúlgame, quéreme, ódiame. Vivimos no mesmo país, pero temos ideas opostas. É o meu rival, a miña inimiga, o meu inimigo. Eu son o seu rival, a súa inimiga, o seu inimigo. Está no outro bando. Estou no outro bando. Quero destruíla, quero destruílo e ao mesmo tempo necesítoa, necesítoo. É el ou eu. Son eu ou ela. É a guerra. A Guerra Civil. É a miña conciencia. É a miña memoria. É o meu esquecemento. É a posibilidade ou non de vivir en paz comigo mesmo.

Doppelgänger é unha coprodución das compañías Berrobambán e Corporación Arca de N.O.E. co Centro Dramtático Galego. A peza estreouse o 24 de xaneiro de 2019 no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

En escena

Ficha técnica

Público:
Maior de 18

Ficha artística

Intérpretes:
J. Diego Alzate
J. Ricardo Alzate
Paula Carballeira

Texto:
Paula Carballeira

Dirección:
Chiqui Pereira

Escenografía:
Paulina Restrepo

Música:
Merender Swing