Calquera día é bo para unha festa, aínda que a túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te ensuxas, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta, por se…
Unha muller, que foi nena hai algún tempo, volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa no que descubriu que os animais tiñan preocupacións moi semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, non querían que os insultasen, non querían aburrirse,
non querían xogar sen compañía.

Chove, chove, e choverá Hoxe é a festa das ras
e son amigas miñas,
as ras

Recollemos das xeniais palabras de Jacques Prévert, un autor francés do século XX que coñeceu un grande éxito en vida, que conseguiu estar nas bocas de quen aínda canta cancións ás que lles puxo letra, que pasou á historia do cine polos guións de clásicos como Les enfants du paradis, que lle deu voz poética a quen non a tiña, que escribiu pequenas pezas de teatro para ser representadas por actores e actrices de calquera idade, que realizaba colaxes cos que completaba un imaxinario que deixou impronta na sociedade francesa ata converterse nun clásico recente… e que é case un completo descoñecido en Galicia.

 

En escena

Ficha técnica

Público:
Familiar

Duración:
80min

Ficha artística

Interpretes:
Paula Carballeira
Nuria Sanz
Chiqui Pereira

Texto:
Paula Carballeira, a partir de textos de Jacques Prévert

Dirección:
Chiqui Pereira

Escenografia:
Nadina

Dossier