Para poder durmir ben tes que acabar cos teus medos, iso sábeo de sobra Pedro Chosco, que é quen nos trae o sono cada noite. Xiana, pola contra, só pensa en atopar algo de tempo para xogar. Polo día, o pai e a nai de Xiana queren que a súa filla faga unha chea de cousas, pero pola noite é libre para deixar voar a imaxinación. Cando Xiana topa con Pedro Chosco descubrimos que a noite garda tamén os misterios que non se atreven a asomar á luz do día. Debes ter conta, porque se non dormes, saberás que algo se agocha entre as sombras.

Obra gañadora do I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, “Boas Noites” propón unha achega contemporánea a personaxes da mitoloxía popular galega, con boas doses de humor e música.

Paula Carballeira publicou máis de 13 libros para público infantil e xuvenil, algúns deles traducidos a outros idiomas como o inglés ou o coreano. Ademais, algunhas das súas obras foron recoñecidas dentro e fóra do país con premios como o Lecturas, o Premio de editores de Catalunya, o Isaac Díaz Pardo ou a inclusión na lista dos White Ravens.

A proposta didáctica “Pasamedos” de Antonio Reigosa arredor da obra Boas noites é un DVD interactivo que trata dos medos en xeral, dos medos infantís e tamén dos medos dos adultos. Nela accederás a unha serie de actividades para coñecer os medos máis comúns da cultura tradicional galega.

Dossier

Histórico

Ficha técnica

Público:
Familiar

Duración:
10min

Ficha artística

Intérpretes:
Anabell Gago
Paula Carballeira
Manolo Vázquez
Chiqui Pereira
Lorena Conde

Texto:
Paula Carballeira

Dirección:
Jorge Padín

Música:
Manolo Vázquez

Vestiario:
Mercedes Torres “Isi”