Unha araña e unha formiga viven tranquilas na paz do seu recuncho. Até que un día aparece un animal misterioso… un escaravello! Desde a primeira luz o público –nenas e nenos, grandes e pequenos- entra no mundo de Bicharada descubrindo e gozando deste fantástico traballo. A escenografía, o vestiario, a iluminación… todo vai encamiñado a entrar e sentir esta historia tan máxica como simple, tan sincera como divertida, tan imaxinaria como real.

Se cada espectáculo dunha compañía é unha porta que se abre no momento único e irrepetible da representación, a novena porta de Berrobambán garda un mundo que nos sorprende e nos engancha desde que a luz ilumina o escenario.

Desde o ano 2000 oito espectáculos levaron a Berrobambán de Seoul a Canadá, do territorio mudo ao musical, do texto contemporáneo ao clown, do público adulto ao familiar. Para este último tipo de público, Berrobambán coordinou “Circo-Lar” dentro da oferta cultural de “A Cultura Circula” e foi a encargada de organizar e coordinar a primeira programación estable de teatro familiar en Galiza: “Asteroide B-612”. O último proxecto da compañía ata o momento foi a posta en escena do I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil: “Boas Noites” de Paula Carballeira. Berrobambán caracterízase por querer ser unha compañía que non cesa de explorar e arriscar nas súas propostas, un proxecto artístico que se consolida como un dos máis estables e internacionais do panorama teatral galego.

Dossier

Histórico

Ficha técnica

Público:
Familiar

Ficha artística

Intérpretes:
Paula Carballeira
Chiqui Pereira
Anabell Gago
Patricia de Lorenzo

Texto:
Evaristo Calvo

Dirección:
Evaristo Calvo

Escenografía:
Pablo ‘Pastor’

Música:
Manolo Panforreteiro

Vestiario:
Cloti Vaello

Dossier