funcións

12 de febreiro - Pazo da Cultura de Pontevedra

    

BERROBAMBÁN

Berrobambán teatro
Desde o ano 2000 producimos un total de dez espectáculos teatrais para público familiar, entre os que podemos destacar Boas Noites, Bicharada ou O Refugallo que tiveron un notable éxito de público, converténdonos nunha das compañías galegas con maior número de espectadores. Participamos en programacións de Galicia, España, Portugal, Corea e Canadá e, polo medio, organizamos o Asteroide B-612, a primeira programación familiar estable en Galicia e o Circo-lar, unha programación familiar para a Consellería de Cultura. O CDG encargounos A Cabana de Baibaiga, a adaptación dun conto ruso con moita, moita música. Tamén realizamos espectáculos de animación á lectura que nos levaron por moitas bibliotecas e centros educativos. Neste tempo estreamos catro espectáculos para público adulto; NdC., Vendetta, Pressing Catch e Avestruz en terra allea.

Contacto

  •   +981 573 626 - 695 929 262
  •   Santiago de Compostela

PRÓXIMAS DATAS

12 de febreiro, 2017
Pazo da Cultura - Pontevedra
12:00h

Mercar entradas

12 de febreiro, 2017
Pazo da Cultura - Pontevedra
18:30h

Mercar entradas






XURDEFET

Recollemos das xeniais palabras de Jacques Prévert, un autor francés do século XX que coñeceu un grande éxito en vida, que conseguiu estar nas bocas de quen aínda canta cancións ás que lles puxo letra, que pasou á historia do cine polos guións de clásicos como Les enfants du paradis, que lle deu voz poética a quen non a tiña, que escribiu pequenas pezas de teatro para ser representadas por actores e actrices de calquera idade, que realizaba colaxes cos que completaba un imaxinario que deixou impronta na sociedade francesa ata converterse nun clásico recente... e que é case un completo descoñe-cido en Galicia.

DOSSIER GALEGO - DOSSIER CASTELLANO