Vivimos na época do refugallo, de tirar ao lixo o que pensamos que nos sobra, que xa non nos vale, que está vello. Non o pensamos moito. Non nos deixan tempo. O ritmo ao que estamos afeitos imponnos consumir e desbotar inmediatamente para consumir de novo. É a engrenaxe da nosa sociedade. En moitos outros sistemas sociais, o refugallo é case inexistente, todo se aproveita, todo vale para algo, nada está vello abondo. Pero aquí o refugallo non está composto só por obxectos, as persoas, ás veces son tratadas como tal: @s nen@s, @s vell@s, @s parad@s… e cada día que pasa esta lista parece ir aumentando ata que nos toque tamén a nós.

Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo), e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven no refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira.

Este proxecto aglutina a máis de 15 profesionais, o que o converte nunha forte aposta por non recortar a calidade dos produtos para público familiar, que é o que máis está a sufrir a redución orzamentaria e polo tanto de ambición artística. Para frear o que podería ser un paso atrás no acadado nestes últimos anos, é necesaria a implicación de todos os axentes culturais nun apoio firme á variedade de propostas non só estéticas e temáticas, senón tamén de produción.

Dossier

Histórico

Ficha técnica

Público:
Infantil

Ficha artística

Intérpretes:
Nuria Sanz
David Loira
José Campanari
Paula Carballeira

Texto:
Paula Carballeira

Dirección:
Chiqui Pereira

Escenografía:
Pablo Pastor

Música:
Nacho Sanz

Vestiario:
Cloti Vaello