A folla máis alta é a primeira pata do proxecto Contatrás. A idea principal do proxecto era xogar coas diferentes lecturas que se poden facer dos textos e dos espectáculos, pois pensamos que a única diferenza que existe entre o público infantil e o público adulto é o seu nivel de experiencia vital.

A folla máis alta é unha aposta polo xogo, un xogo que transforma as palabras en pequenas

historias nas que contamos que fomos nenos antes de ser adultos, e que tiñamos grandes soños, grandes amigos, unhas ganas enormes de medrar para comernos o mundo, para morder a folla máis alta da árbore, a máis verde, a máis fermosa, e que cando medramos nos decatamos de que sempre hai unha folla máis alta, e que esa folla sempre é a máis verde e a máis fermosa, porque nunca poderemos chegar a ela e así seguiremos mantendo esas ganas enormes de seguir medrando e quen sabe se, por fin, mordela.

Quixemos que a escenografía remitise ao papel, papel enteiro, papel en anacos, papel escrito, papel en branco, coma unha metáfora do que imos escribindo, conservando e desbotando, do que imos

sendo, das vivencias que son as escriben a nosa vida, do paso do tempo. A caixas de cartón, pintadas con pintura de pizarra, poden ser debuxadas con tiza e despois borradas, poden ter varias caras,

poden xuntarse coma un quebracabezas e ir construíndo decorados, atmosferas, ou simplemente ser amoreadas.

Dossier

Histórico

Ficha técnica

Público:
Infantil

Ficha artística

Intérpretes:
Paula Carballeira
Carlos López
Chiqui Pereira

Texto:
Paula Carballeira —a partir do seu poemario Contatrás.

Dirección:
Chiqui Pereira

Escenografía:
X. Carlos Hidalgo

Vestiario:
X. Carlos Hidalgo, Cloti Vaello